Cando chegaron a Os Blancos, os nenos de alí agardábano impacientes. Todos os nenos de Os Blancos fóronlle ensinar o seu colexio, pero como aínda non tiveran tempo de presentalo a todos, a xente dos Blancos colleulle moitísimo medo e todos se meteron rapidamente nas súas casas. No colexio os nenos levárono a unha aula na que lle ensinaron o acento galego, e cando xa sabía bastante os nenos dos Blancos levárono por todos os pobos do concello para presentalo á xente, e empezaron a dicirlles que era bo e que podían falar con el pois sabía falar en galego.
E Nazan coñeceu ós pais e nais dos rapaces, e pouco a pouco foron amigándose máis con el, todos lle dicían: "Ola, que tal estás, Nazan", ou "Como che vai o día", e el respondía: "Pois por agora ben, ¿e ti?" Daquela os seres humanos respondíanlle: "Ben".
Chegou por fin un día de feira e Nazan estaba moi nervioso, case todos lle dicían: "Que che pasa, Nazan?" Pero el non contestaba. Dicían: "Contesta". E Nazan daquela falou: "Estou moi ner… nervioso. É porque vou coñecer a moita xente descoñecida". "Pois iso non é nada, non te preocupes". Aquel día foi a primeira vez que ía á feira, pero Nazan disfrutou moito, aínda que había moita xente sorprendida de velo por alí.
Pois o certo é que agora Nazan está nos Blancos, e vai á escola cos nenos e nenas de alí.