viernes, 22 de febrero de 2013

Día de Rosalía 2013

Con motivo do día de Rosalía, que se celebra o día 24 de febreiro, pero toca a domingo este ano, os nenos de Infantil e a súa profe do Ceip Plurilingüe dos Blancos crearon un Glogster. Pois anda coas novidades!
A ver se vos gusta.


martes, 5 de febrero de 2013

Entroido 2013

Agora que estamos na época do Entroido, é interesante lembrar que o noso autor creou un grupo de teatro que se chamaba Antroido, aló polo ano 1974, con Xaquín García Marcos e tamén dirixe en 1975 o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor. Un ano despois, chega Laudamuco, señor de ningures, aquela reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento, que recibirá o Premio Abrente. A peza publicarase en 1977, canda as Ledaíñas pola morte do Meco.
Saludos aos nenos e nenas de Vilar de Barrio e que teñades ledo Entroido!