Agora que estamos na época do Entroido, é interesante lembrar que o noso autor creou un grupo de teatro que se chamaba Antroido, aló polo ano 1974, con Xaquín García Marcos e tamén dirixe en 1975 o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor. Un ano despois, chega Laudamuco, señor de ningures, aquela reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento, que recibirá o Premio Abrente. A peza publicarase en 1977, canda as Ledaíñas pola morte do Meco.
Saludos aos nenos e nenas de Vilar de Barrio e que teñades ledo Entroido!