Mostrando entradas con la etiqueta conto viaxeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conto viaxeiro. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2008

¡O marciano de San Mamede en Os Blancos! (e VI)

Cando chegaron a Os Blancos, os nenos de alí agardábano impacientes. Todos os nenos de Os Blancos fóronlle ensinar o seu colexio, pero como aínda non tiveran tempo de presentalo a todos, a xente dos Blancos colleulle moitísimo medo e todos se meteron rapidamente nas súas casas. No colexio os nenos levárono a unha aula na que lle ensinaron o acento galego, e cando xa sabía bastante os nenos dos Blancos levárono por todos os pobos do concello para presentalo á xente, e empezaron a dicirlles que era bo e que podían falar con el pois sabía falar en galego.
E Nazan coñeceu ós pais e nais dos rapaces, e pouco a pouco foron amigándose máis con el, todos lle dicían: "Ola, que tal estás, Nazan", ou "Como che vai o día", e el respondía: "Pois por agora ben, ¿e ti?" Daquela os seres humanos respondíanlle: "Ben".
Chegou por fin un día de feira e Nazan estaba moi nervioso, case todos lle dicían: "Que che pasa, Nazan?" Pero el non contestaba. Dicían: "Contesta". E Nazan daquela falou: "Estou moi ner… nervioso. É porque vou coñecer a moita xente descoñecida". "Pois iso non é nada, non te preocupes". Aquel día foi a primeira vez que ía á feira, pero Nazan disfrutou moito, aínda que había moita xente sorprendida de velo por alí.
Pois o certo é que agora Nazan está nos Blancos, e vai á escola cos nenos e nenas de alí.

lunes, 9 de junio de 2008

O MARCIANO DE SAN MAMEDE (V)

Ó ver a nave... trataron de acercarse. Cando estaban chegando a ela, o marciano e os nenos asustáronse e premeron o botón de "despegar", sen saber a onde dirixirse nin qué facer
Cando pasaron por Vilar de Barrio fixeron unha parada e puxeron letreiros por todo o pobo para convocar unha reunión de veciños.
Ó día seguinte, na xuntanza, contáronlle a todos a verdade do que acontecera, porque non querían seguir ocultando a Nazan nin enganando ós pais. Todos entenderon a postura dos nenos e permitiron que seguiran sendo amigos del e que lle axudaran coas súas clases de galego; incluso, entre todos lle acondicionaron o local das escolas vellas que estaba ocupando, porque definitivamente se convertiría na casa de Nazan.
Os nenos e nenas de Vilar de Barrio, que se comunicaban con frecuencia cos de Os Blancos a través de internet, mandáronlle un correo electrónico contándolles que agora xa non tiñan que esconder a Nazan, que todos o aceptaban e tamén lles falaron dos seus progresos no aprendizaxe da nósa lingua.
Ós de Blancos pareceulles estupendo e faláronlle da posibilidade de facer o mesmo en Blancos, presentárllelo a todos e que pasara a ser un novo amigo, tamén da cente de alí.

lunes, 26 de mayo de 2008

O marciano de San Mamede (e van IV)

Ao marciano custáballe moito aprender o galego. Pero pouco a pouco o ía aprendendo.
De feito, as palabras que mellor lle saían eran “carallo” e “troula”.
Daquela, o marciano xa non lle tiña medo a ninguén. Cando se cruzaba con alguén, como Maruxiña, que era unha das persoas nas que máis confiaba, trabucábase e dicía “carallo” ou “troula” en troques de dicirlle: “Ola, Maruxiña, que tal estás?”
Como non tiña un nome, os nenos do pobo decidiron pórlle un nome, ao final puxéronlle “Nazan”. Alicia e o seu irmán Xaime aprendíanlle diariamente a falar en galego. Mesmo un día que foi á escola vella e non o viron alí, asustáronse e daquela puxéronse a buscalo, ata que finalmente apareceu pola noite, na casa de Xaime e Alicia, e á mañá seguinte o levaron de volta á escola vella.
Despois duns días, xa case sabía falar galego por completo.
Outro día, o pai dun rapaz pillounos na escola ensinando galego a Nazan, e todos saíron correndo, o marciano e os rapaces. Logo de correr uns minutos, Nazan e os rapaces cansaron, e foron esconderse na nave do marciano. Os pais e nais pola súa parte formaron grupos e foron buscalos.
E buscaron e buscaron, por todo San Mamede, en Porqueira, pero un dos pais discorreu que había que buscalos na Serra de San Mamede, e así llo dixo ós demais. Buscaron e buscaron na serra, pero nada encontraron. Dados por vencidos, os pais e as nais marchaban da serra, cando de repente viron a nave do marciano e…

miércoles, 21 de mayo de 2008

O marciano de San Mamede (III)

Dous irmáns, Xaime e Alicia atrevéronse a saír da casa e ir xunto a el. Foron moi de vagar, con moito medo no corpo pero á medida que se ían acercando, ó ver que o marciano non se movía foron collendo confianza. Ó chegar xunto a el, intentaron dicirlle algo pero non se entendían. Os nenos decidiron levalo para a escola vella que estaba abandonada.
Xaime e Alicia foron comunicarlle ós outros nenos e nenas do pobo que o extraterrestre era pacífico e onde estaba. Como non se podían comunicar con el, decidiron aprenderlle a falar galego, tamén pensaron que sería boa idea amosarlle cousas do noso planeta. Pensaron que a mellor maneira sería levar para a escola vella libros e material para ensinar ó extraterrestre.
Todos os días ó saír da escola os nenos e nenas do pobo non se vían por ningures ata que chegaba a noite e aparecían na casa. Os adultos estaban preocupados. Onde se meterían os cativos todas as tardes?......

lunes, 19 de mayo de 2008

O Marciano de San Mamede (e II)

Despois de estar unhas horas vagabundeando pola Serra de San Mamede, baixou ao pobo e non viu a ninguén. Resulta que era o día da festa estaban todos reunidos na praza. Cando os atopou, asustouse moito porque non eran igual a el. E correu ata unha casa vella e abandonada e agochouse nela.
Ós poucos días perdeu o medo, e atreveuse a saír do seu escondite. Cando a xente o viu, asustáronse e botaron a correr e berrar polo pobo adiante.
Todos se agocharon nas súas casas e comezaron a mirar pola xanela para ver se o marciano marchara.
Non foi así. Aquel ser quedou sentado no medio da praza, abraiado, ollando para toda a xente, para aquel lugar tan estraño que nunca vira...

miércoles, 7 de mayo de 2008

O Marciano de San Mamede.

CAPÍTULO 1
Había unha vez un marciano que sen saber como apareceu no medio da Serra de San Mamede.
A súa cabeza é de cor verde e o corpo azul. Ten orellas rematadas en punta e grandes, tres ollos e dúas antenas. Vai vestido cun traxe prateado e unha cápsula transparente na cabeza con dous furados polos que saen as antenas. En cada unha das súas mans ten tres dedos con unllas de cor violeta. Nos pes leva calzadas unhas zapatillas raperas.............

domingo, 4 de mayo de 2008

O conto viaxeiro

Aquí empezamos unha nova experiencia entre o alumnado de Blancos e o de Vilar de Barrio.Entre todos/as imos crear un conto viaxeiro. Cada entrada será un novo capítulo dese conto, cada capítulo será creado polo alumnado de cada centro e levará un debuxo.