miércoles, 21 de mayo de 2008

O marciano de San Mamede (III)

Dous irmáns, Xaime e Alicia atrevéronse a saír da casa e ir xunto a el. Foron moi de vagar, con moito medo no corpo pero á medida que se ían acercando, ó ver que o marciano non se movía foron collendo confianza. Ó chegar xunto a el, intentaron dicirlle algo pero non se entendían. Os nenos decidiron levalo para a escola vella que estaba abandonada.
Xaime e Alicia foron comunicarlle ós outros nenos e nenas do pobo que o extraterrestre era pacífico e onde estaba. Como non se podían comunicar con el, decidiron aprenderlle a falar galego, tamén pensaron que sería boa idea amosarlle cousas do noso planeta. Pensaron que a mellor maneira sería levar para a escola vella libros e material para ensinar ó extraterrestre.
Todos os días ó saír da escola os nenos e nenas do pobo non se vían por ningures ata que chegaba a noite e aparecían na casa. Os adultos estaban preocupados. Onde se meterían os cativos todas as tardes?......