martes, 27 de mayo de 2008

Sobre os videos

Lamentamos dicirvos que no noso concello, mentres Doña Telefónica non instale o ADSL ("Aparello Dixital Sempre Limitado") non podemos ver apenas os videos do Youtube que nos puxestes, estamos afastados da tecnoloxía máis moderna. Pero algún de nós seguro que os verá dende Xinzo ou outro lugar onde Doña Telefónica si ten acceso máis rápido.

lunes, 26 de mayo de 2008

Letras galegas 2008

"Romance do pescador peleriño"- X.M.Álvarez Blázquez

"O merlo poeta"- X.M.Álvarez Blázquez

Adiviña este rollo patateiro

Sabes con que mote
escribiu o autor
un pequeno epigrama
unha tarde con solpor?

O marciano de San Mamede (e van IV)

Ao marciano custáballe moito aprender o galego. Pero pouco a pouco o ía aprendendo.
De feito, as palabras que mellor lle saían eran “carallo” e “troula”.
Daquela, o marciano xa non lle tiña medo a ninguén. Cando se cruzaba con alguén, como Maruxiña, que era unha das persoas nas que máis confiaba, trabucábase e dicía “carallo” ou “troula” en troques de dicirlle: “Ola, Maruxiña, que tal estás?”
Como non tiña un nome, os nenos do pobo decidiron pórlle un nome, ao final puxéronlle “Nazan”. Alicia e o seu irmán Xaime aprendíanlle diariamente a falar en galego. Mesmo un día que foi á escola vella e non o viron alí, asustáronse e daquela puxéronse a buscalo, ata que finalmente apareceu pola noite, na casa de Xaime e Alicia, e á mañá seguinte o levaron de volta á escola vella.
Despois duns días, xa case sabía falar galego por completo.
Outro día, o pai dun rapaz pillounos na escola ensinando galego a Nazan, e todos saíron correndo, o marciano e os rapaces. Logo de correr uns minutos, Nazan e os rapaces cansaron, e foron esconderse na nave do marciano. Os pais e nais pola súa parte formaron grupos e foron buscalos.
E buscaron e buscaron, por todo San Mamede, en Porqueira, pero un dos pais discorreu que había que buscalos na Serra de San Mamede, e así llo dixo ós demais. Buscaron e buscaron na serra, pero nada encontraron. Dados por vencidos, os pais e as nais marchaban da serra, cando de repente viron a nave do marciano e…

sábado, 24 de mayo de 2008

Adiviña adiviña

Que título ten un conxunto de relatos feitos por el mesmo que se publicaron dentro da colección "O MOUCHO"

David e Carlos respóndenvos que o libro se titulaba "A PEGA RABILONGA E OUTRAS HISTORIAS DE TESOUROS" no ano 1971, número 20 da colección.

jueves, 22 de mayo de 2008

Adiviña, adiviña

Adiviña adiviña...
Nalgún dos seus poemas
atopamos estes temas:
"O gato cegato
fuxiu ao burato".
¿E saberiades dicirme
a onde foi o coello vello?

Resposta:
O coello vello
anda no cortello

miércoles, 21 de mayo de 2008

O marciano de San Mamede (III)

Dous irmáns, Xaime e Alicia atrevéronse a saír da casa e ir xunto a el. Foron moi de vagar, con moito medo no corpo pero á medida que se ían acercando, ó ver que o marciano non se movía foron collendo confianza. Ó chegar xunto a el, intentaron dicirlle algo pero non se entendían. Os nenos decidiron levalo para a escola vella que estaba abandonada.
Xaime e Alicia foron comunicarlle ós outros nenos e nenas do pobo que o extraterrestre era pacífico e onde estaba. Como non se podían comunicar con el, decidiron aprenderlle a falar galego, tamén pensaron que sería boa idea amosarlle cousas do noso planeta. Pensaron que a mellor maneira sería levar para a escola vella libros e material para ensinar ó extraterrestre.
Todos os días ó saír da escola os nenos e nenas do pobo non se vían por ningures ata que chegaba a noite e aparecían na casa. Os adultos estaban preocupados. Onde se meterían os cativos todas as tardes?......

martes, 20 de mayo de 2008

Adiviña nº 3

¿Qué dous ritmos musicais galegos interpretaba un paxaro, protagonista dunha das poesías de Álvarez Blázquez para namorar a tódalas merlas?.
¿Como se titula o poema?

Ai, aí tedes tamén a nosa resposta. Nati, Carlos e Bruno din que os dous ritmos son as muiñeiras e os seus alalás. E que o título do poema é: O MERLO POETA.

lunes, 19 de mayo de 2008

Adiviña do Castro

Aí vai agora a nosa resposta, aínda que máis lenta:
-A señora e o tesouro desapareceron porque a nai da nena fíxolle o pan da mesma masa có da casa, que supostamente tiña sal.
A nosa adiviña é:¨
COMO SE TITULABA O LIBRO CO QUE QUEDOU EN SEGUNDO POSTO NO PREMIO NADAL. E TAMÉN, SE SABEDES COMO SE TITULABA O LIBRO QUE GAÑOU O PREMIO NADAL ESE ANO...

RESPOSTA:
O libro de Álvarez Blázquez que quedou finalista foi "En el pueblo hay caras nuevas".
O libro que gañou o premio NADAL ese ano foi: "Nada" de Carmen Laforet

O Marciano de San Mamede (e II)

Despois de estar unhas horas vagabundeando pola Serra de San Mamede, baixou ao pobo e non viu a ninguén. Resulta que era o día da festa estaban todos reunidos na praza. Cando os atopou, asustouse moito porque non eran igual a el. E correu ata unha casa vella e abandonada e agochouse nela.
Ós poucos días perdeu o medo, e atreveuse a saír do seu escondite. Cando a xente o viu, asustáronse e botaron a correr e berrar polo pobo adiante.
Todos se agocharon nas súas casas e comezaron a mirar pola xanela para ver se o marciano marchara.
Non foi así. Aquel ser quedou sentado no medio da praza, abraiado, ollando para toda a xente, para aquel lugar tan estraño que nunca vira...

jueves, 8 de mayo de 2008

A lenda do Castro Martiño

Aí vai a segunda adiviña dende Vilar de Barrio cara Blancos:

Xosé María Álvarez foi un especialista en arqueoloxía castrexa. Sabemos que asociados ós castros hai moitas lendas, unha delas “A lenda do castro Martiño”.
Por qué desapareceu o tesouro e a señora descoñecida dicindo: "Canto o sinto, botaches a perder todo; non fixeches o que che mandei....." ?

miércoles, 7 de mayo de 2008

Unha frol aventureira

Nun dos seus poemas, no libro de poemas "Roseira do teu mencer" Álvarez Blazquez di que lle puxeron un nome a unha "froleciña ventureira/que naceu co orballo/nunha luzada de estrelas" e como andaban a rir, ¿Qué nome lle puxeron? Adiviña, adiviñade...

Aquí tedes a resposta rápida coma a luz das estrelas:
"Floreciña ventureira
que naceu co orballo
nunha luzada de estrelas
e como andaba a rir...
¿Que nome lle puxeron?"
Colorín

Adiviñas

Neste espazo colgaremos adiviñas que imos intercambiar entre todos. Estade atentos/as, unha nova cada día.

O Marciano de San Mamede.

CAPÍTULO 1
Había unha vez un marciano que sen saber como apareceu no medio da Serra de San Mamede.
A súa cabeza é de cor verde e o corpo azul. Ten orellas rematadas en punta e grandes, tres ollos e dúas antenas. Vai vestido cun traxe prateado e unha cápsula transparente na cabeza con dous furados polos que saen as antenas. En cada unha das súas mans ten tres dedos con unllas de cor violeta. Nos pes leva calzadas unhas zapatillas raperas.............

domingo, 4 de mayo de 2008

O conto viaxeiro

Aquí empezamos unha nova experiencia entre o alumnado de Blancos e o de Vilar de Barrio.Entre todos/as imos crear un conto viaxeiro. Cada entrada será un novo capítulo dese conto, cada capítulo será creado polo alumnado de cada centro e levará un debuxo.