Érase unha vez un neno cazador que se chamaba Xan e estaba cazando coellos no monte. De súpeto escoitou cómo choraban os carballos que había naquel bosque onde estaba a cazar. Intranquilo, foi e preguntou:
-Por que chorades?
E as árbores responderon:
-Porque polas noites vén o xabarín a destrozar as nosas raíces e non nos deixa medrar. Levamos xa sete anos así, e non hai quen acabe con eles. Témonos queixado aos gardas que coidan isto, pero non nos fan caso, din que os xabaríns tamén viven no bosque e teñen dereito a comer…
E Xan díxolles:
-Non hai problema. Pero tedes que dicirme a que hora veñen os xabaríns para podervos botar unha man.