Con motivo do día de Rosalía, que se celebra o día 24 de febreiro, pero toca a domingo este ano, os nenos de Infantil e a súa profe do Ceip Plurilingüe dos Blancos crearon un Glogster. Pois anda coas novidades!
A ver se vos gusta.
viernes, 22 de febrero de 2013
martes, 5 de febrero de 2013
Entroido 2013
Agora que estamos na época do Entroido, é interesante lembrar que o noso autor creou un grupo de teatro que se chamaba Antroido, aló polo ano 1974, con Xaquín García Marcos e tamén dirixe en 1975 o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor. Un ano despois, chega Laudamuco, señor de ningures, aquela reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento, que recibirá o Premio Abrente. A peza publicarase en 1977, canda as Ledaíñas pola morte do Meco.
Saludos aos nenos e nenas de Vilar de Barrio e que teñades ledo Entroido!
lunes, 21 de enero de 2013
Roberto Vidal Bolaño, o noso autor para o ano 2013
A Real Academia
Galega decidiu o pasado mes de xuño homenaxear o presente ano 2013 ao autor Roberto Vidal
Bolaño.
Aquí temos unha
relación de ligazóns para ir traballando ou coñecendo a este famoso autor sobre
todo de obras de teatro:
5.- A relación de obras nas que actuou como actor ou director na base de datos internacional de vídeos.
Ao longo do curso iremos vendo máis páxinas con actividades. Estade atentos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)