viernes, 13 de junio de 2008

Máis adiviñas de libros

E xa que estamos co asunto dos libros, ¿cal é o título dun libro do Alvarez Blázquez impreso en 1976 pero escrito entre 1951 e 1953?

¡O marciano de San Mamede en Os Blancos! (e VI)

Cando chegaron a Os Blancos, os nenos de alí agardábano impacientes. Todos os nenos de Os Blancos fóronlle ensinar o seu colexio, pero como aínda non tiveran tempo de presentalo a todos, a xente dos Blancos colleulle moitísimo medo e todos se meteron rapidamente nas súas casas. No colexio os nenos levárono a unha aula na que lle ensinaron o acento galego, e cando xa sabía bastante os nenos dos Blancos levárono por todos os pobos do concello para presentalo á xente, e empezaron a dicirlles que era bo e que podían falar con el pois sabía falar en galego.
E Nazan coñeceu ós pais e nais dos rapaces, e pouco a pouco foron amigándose máis con el, todos lle dicían: "Ola, que tal estás, Nazan", ou "Como che vai o día", e el respondía: "Pois por agora ben, ¿e ti?" Daquela os seres humanos respondíanlle: "Ben".
Chegou por fin un día de feira e Nazan estaba moi nervioso, case todos lle dicían: "Que che pasa, Nazan?" Pero el non contestaba. Dicían: "Contesta". E Nazan daquela falou: "Estou moi ner… nervioso. É porque vou coñecer a moita xente descoñecida". "Pois iso non é nada, non te preocupes". Aquel día foi a primeira vez que ía á feira, pero Nazan disfrutou moito, aínda que había moita xente sorprendida de velo por alí.
Pois o certo é que agora Nazan está nos Blancos, e vai á escola cos nenos e nenas de alí.

lunes, 9 de junio de 2008

UNHA NOVA ADIVIÑA

Xosé María Alvarez Blazquez compuxo co seu irmán Emilio poemas, que se recolleron e editaron en 1949 nun libro que se titula.... (Adiviña o seu título)

CATI, CARLOS, NATI e BRUNO dinvos que se titula "Poemas de ti e de min". Un saúdo.

O MARCIANO DE SAN MAMEDE (V)

Ó ver a nave... trataron de acercarse. Cando estaban chegando a ela, o marciano e os nenos asustáronse e premeron o botón de "despegar", sen saber a onde dirixirse nin qué facer
Cando pasaron por Vilar de Barrio fixeron unha parada e puxeron letreiros por todo o pobo para convocar unha reunión de veciños.
Ó día seguinte, na xuntanza, contáronlle a todos a verdade do que acontecera, porque non querían seguir ocultando a Nazan nin enganando ós pais. Todos entenderon a postura dos nenos e permitiron que seguiran sendo amigos del e que lle axudaran coas súas clases de galego; incluso, entre todos lle acondicionaron o local das escolas vellas que estaba ocupando, porque definitivamente se convertiría na casa de Nazan.
Os nenos e nenas de Vilar de Barrio, que se comunicaban con frecuencia cos de Os Blancos a través de internet, mandáronlle un correo electrónico contándolles que agora xa non tiñan que esconder a Nazan, que todos o aceptaban e tamén lles falaron dos seus progresos no aprendizaxe da nósa lingua.
Ós de Blancos pareceulles estupendo e faláronlle da posibilidade de facer o mesmo en Blancos, presentárllelo a todos e que pasara a ser un novo amigo, tamén da cente de alí.

martes, 27 de mayo de 2008

Sobre os videos

Lamentamos dicirvos que no noso concello, mentres Doña Telefónica non instale o ADSL ("Aparello Dixital Sempre Limitado") non podemos ver apenas os videos do Youtube que nos puxestes, estamos afastados da tecnoloxía máis moderna. Pero algún de nós seguro que os verá dende Xinzo ou outro lugar onde Doña Telefónica si ten acceso máis rápido.