martes, 5 de febrero de 2013

Entroido 2013

Agora que estamos na época do Entroido, é interesante lembrar que o noso autor creou un grupo de teatro que se chamaba Antroido, aló polo ano 1974, con Xaquín García Marcos e tamén dirixe en 1975 o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor. Un ano despois, chega Laudamuco, señor de ningures, aquela reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento, que recibirá o Premio Abrente. A peza publicarase en 1977, canda as Ledaíñas pola morte do Meco.
Saludos aos nenos e nenas de Vilar de Barrio e que teñades ledo Entroido!

lunes, 21 de enero de 2013

Roberto Vidal Bolaño, o noso autor para o ano 2013



A Real Academia Galega decidiu o pasado mes de xuño homenaxear  o presente ano 2013 ao autor Roberto Vidal Bolaño.

Aquí temos unha relación de ligazóns para ir traballando ou coñecendo a este famoso autor sobre todo de obras de teatro:

Ao longo do curso iremos vendo máis páxinas con actividades. Estade atentos!

viernes, 21 de octubre de 2011

Contos para Samaín








Nenos e nenas de Blancos e Vilar de Barrio, este é un conto que se vos recomenda para ler nestas datas do Samaín....

TÍTULO: A pantasma

Colección: O baúl dos monstros

Editorial: Baía Edicións







O conde de Lemos necesita unha pantasma que coide do seu castelo e traia o seu demo de fillo ó rego. O candidato perfecto resultará ser un inquilino do máis lambón e rabudo.

miércoles, 1 de junio de 2011

Respostas adiviñas sobre LOIS PEREIRO (2)

O nome do amigo de Lois Pereiro é Francisco Salinas Portugal.

As partes do corpo que aparecen na poesía son:
-Eyes= ollos
-Face= cara
-Eyelids= párpado

viernes, 13 de mayo de 2011

Adeviñas e preguntas sobre Lois Pereiro

-Di o nome dun amigo de Lois Pereiro, poeta, que ten un apelido igual ao nome dun país que limita con España.

(*Premede aquí e o veredes)

-E como andades de inglés? A ver cantas partes do corpo –polo menos tres, e en inglés, of course, amiguiños- atopades neste poema de Lois Pereiro traducido ao inglés.

(*Aquí é o sitio bonito onde o atoparedes)

Xan o cazador (I)

Érase unha vez un neno cazador que se chamaba Xan e estaba cazando coellos no monte. De súpeto escoitou cómo choraban os carballos que había naquel bosque onde estaba a cazar. Intranquilo, foi e preguntou:

-Por que chorades?

E as árbores responderon:

-Porque polas noites vén o xabarín a destrozar as nosas raíces e non nos deixa medrar. Levamos xa sete anos así, e non hai quen acabe con eles. Témonos queixado aos gardas que coidan isto, pero non nos fan caso, din que os xabaríns tamén viven no bosque e teñen dereito a comer…

E Xan díxolles:

-Non hai problema. Pero tedes que dicirme a que hora veñen os xabaríns para podervos botar unha man.