viernes, 29 de abril de 2011

Eu chorei, chorei

Nenos e nenas da India interpretan cancións en galego.

Nenos e nenas dunha escola na India interpretan "Eu chorei, chorei".Son nenos e nenas da escola María Soliño en Pubai-Orissa (India), financiada pola ONG "Shanga India" cantan "Eu chorei chorei" nun perfecto galego.

miércoles, 27 de abril de 2011

Máis ligazóns para o Día das Letras Galegas 2011.

Atopamos outras ligazóns interesantes:

1.- Páxina do Seminario Galán. Nesta atopamos documentos, actividades e fotos do autor galardonado. Levan anos confeccionando material para o Día das Letras Galegas, e paga a pena ver o que teñen feito.

2.- Neste blog, Econenos atopamos un libro LIM con actividades on-line sobre a figura de Lois Pereiro.

3.-

. Aquí temos un vídeo de quince minutos sobre Lois Pereiro e a súa vida.

4.- Algúns poemas recitados por el. En Radiofusión atopamos algúns poemas recitados polo propio Lois Pereiro.

E iso é todo ata o momento.

martes, 19 de abril de 2011

Lois Pereiro-Un dos autores dos anos oitenta, homenaxeado este ano 2011

De Lois Pereiro, ou máis ben Luis Ángel Sánchez Pereiro, o seu verdadeiro nome, apenas sabemos algunhas cousas.

Que naceu en Monforte de Lemos, procedente do Incio. Estudou nos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tralo COU marchou a Madrid, onde fixo algo de Ciencias Políticas e Socioloxía. Tempo máis tarde, tras dunha estancia en Monforte, regresa a Madrid, para estudiar idiomas. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

De volta en Galicia, vive no 1981 na Coruña, onde se une á revista la Naval. Aquí coñece a outros poetas como Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en diversas antoloxías (De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985)). Na revista Luzes de Galiza, publicou os primeiros capítulos dunha novela non rematada, Náufragos do Paraíso.

Entre 1983 e 1987 traballou como tradutor do alemán francés e inglés de dobraxe de cinema.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Morreu no 1996.

Ligazóns:

*FICHA DO AUTOR NA BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

*PÁXINA WEB DEDICADA A ESTE AUTOR

*ADIANTO DUN DOCUMENTAL SOBRE ESTE AUTOR EN YOUTUBE

*PAXINA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADA A EL

jueves, 29 de abril de 2010

Uxío Novoneyra 2010

Este ano temos a Uxío Novoneyra na lembranza. A el se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.
Dende aquí preme nas ligazóns para acceder a varios recursos existentes na web:
1.-Páxina do homenaxeado.
2.-Coordinadora dos equipos de normalización lingüística.
3.-Páxina correspondente da RAG.
4.-Páxina de Galicia espallada.
5.-Seminario Galán.
6.-Un roteiro do lugar onde viviu.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Letras Galegas 2009

Deixamos este vídeo sobre Ramón Piñeiro, realizado polos colexios CPI San Vicente de A Baña e o CPI dos Dices de Roi

viernes, 13 de junio de 2008

Máis adiviñas de libros

E xa que estamos co asunto dos libros, ¿cal é o título dun libro do Alvarez Blázquez impreso en 1976 pero escrito entre 1951 e 1953?

¡O marciano de San Mamede en Os Blancos! (e VI)

Cando chegaron a Os Blancos, os nenos de alí agardábano impacientes. Todos os nenos de Os Blancos fóronlle ensinar o seu colexio, pero como aínda non tiveran tempo de presentalo a todos, a xente dos Blancos colleulle moitísimo medo e todos se meteron rapidamente nas súas casas. No colexio os nenos levárono a unha aula na que lle ensinaron o acento galego, e cando xa sabía bastante os nenos dos Blancos levárono por todos os pobos do concello para presentalo á xente, e empezaron a dicirlles que era bo e que podían falar con el pois sabía falar en galego.
E Nazan coñeceu ós pais e nais dos rapaces, e pouco a pouco foron amigándose máis con el, todos lle dicían: "Ola, que tal estás, Nazan", ou "Como che vai o día", e el respondía: "Pois por agora ben, ¿e ti?" Daquela os seres humanos respondíanlle: "Ben".
Chegou por fin un día de feira e Nazan estaba moi nervioso, case todos lle dicían: "Que che pasa, Nazan?" Pero el non contestaba. Dicían: "Contesta". E Nazan daquela falou: "Estou moi ner… nervioso. É porque vou coñecer a moita xente descoñecida". "Pois iso non é nada, non te preocupes". Aquel día foi a primeira vez que ía á feira, pero Nazan disfrutou moito, aínda que había moita xente sorprendida de velo por alí.
Pois o certo é que agora Nazan está nos Blancos, e vai á escola cos nenos e nenas de alí.