
Nenos e nenas de Blancos e Vilar de Barrio, este é un conto que se vos recomenda para ler nestas datas do Samaín....
TÍTULO: A pantasmaEspacio para intercambiar experiencias entre o alumnado de Blancos e Vilar de Barrio

TÍTULO: A pantasmaÉrase unha vez un neno cazador que se chamaba Xan e estaba cazando coellos no monte. De súpeto escoitou cómo choraban os carballos que había naquel bosque onde estaba a cazar. Intranquilo, foi e preguntou:
-Por que chorades?
E as árbores responderon:
-Porque polas noites vén o xabarín a destrozar as nosas raíces e non nos deixa medrar. Levamos xa sete anos así, e non hai quen acabe con eles. Témonos queixado aos gardas que coidan isto, pero non nos fan caso, din que os xabaríns tamén viven no bosque e teñen dereito a comer…
E Xan díxolles:
-Non hai problema. Pero tedes que dicirme a que hora veñen os xabaríns para podervos botar unha man.A resposta da primeira pregunta é: Náufragos do paradiso.
A resposta da segunda pregunta é que foron publicados na revista que foi dirixida por Manolo Rivas. A revista chamábase LUCES DE GALIZA.
Moi ben nenos e nenas do Blancos, sodes uns auténticos cazatesouros pero nos vos esquezades de agora vos toca a vós facernos as preguntas, estamos esperando..........
Buscade nun dos dous enlaces que vos adxuntamos, a resposta a estas dúas preguntas:
Como se titula a novela que deixou inacabada, e da que só escribiu oito capítulos?
Onde foron publicados anteriormente eses 8 capítulos?
http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/246/lois-pereiro